Logo
do éxito obtido no pasado certame Euroscola
2013 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia
Baraña" de Boiro que cursa a materia TIC's
está de novo inmerso na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información
do Parlamento Europeo).
Nesta ocasión o lema do concurso é facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas.
Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a
obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos
problemas de peso) o alumnado propón
levar a cabo unha iniciativa que pretenderá concenciar a cidadanía desta
problemática. Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación
equilibrada e exercicio físico".
Toda a información que se
recabará, as entrevistas que se realizarán a diferentes expertos na materia e o
proxecto final que se levará a cabo para esta iniciativa atópase no
seguinte blogue: Vida Saudable Boiro.
Dada
a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a
interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso
instituto. Participarán os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma
coordinador- o Departamento de Bioloxía e máis o Departamento
de Educación Física.
Como
iniciativa e parte final deste proxecto o próximo 1 de abril entre as 10:30 e as 12:30 h terán lugar unhas series de actividades deportivas no Paseo Marítimo de Barraña para
concienciar da gran problemática que o sedentarismo, as novas tecnoloxías e a
chamada “comida basura” están xa
causando na nosa sociedade. Todos aqueles que nos queirades acompañar a dita
actividade seredes benvidos.
Alumnos
durante a preparación da iniciativa “Vida Saudable Boiro”
No hay comentarios:
Publicar un comentario