O 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e
un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de
primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que
non é alleo tampouco á poboación adulta. Previr e evitar as
consecuencias do exceso de peso é o obxectivo do Plan Xermola orientado a
previr a obesidade infantil e xuvenil, que aproba o Consello da
Xunta. «Empézanos a preocupar este problema», asegurou Alberto Núñez
Feijoo nun acto en Santiago no que se presentou un libro guía e unha web
dos Bolechas, dirixidos a fomentar hábitos saudables e exercicio físico entre os máis pequenos. Enlace á noticia aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario