Xa comezou o concurso Euroscola 2014 e os alumnos que cursan a materia optativa TIC's de 1º Bacharelato A/B do IES Praia Barraña que formamos o equipo TIC BOIRO estamos cheos de ideas para levar a cabo unha iniciativa para a mellora de algunha das políticas da Unión Europea.
Aquí temos un planning inicial: VIDA SAÚDABLE NO NOSO CONCELLO E COMPARATIVA CON OUTROS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA
1. Situación de partida:
Despois dunha choiva de ideas e dun debate con diferentes temas e propostas eliximos como tema para o concurso o problema da actual obesidade. Decantámonos por este tema por fixarnos no preocupante índice de obesidade que existe na Unión Europea. A nosa iniciativa levará por título Vida Saudable: Alimentación equilibrada e exercicio físico.
2. Búsqueda de información e elaboración de diferentes presentacións por grupos:
-1ºgrupo: Cómo afecta o sedentarismo a obesidade?: Deporte.
-2ºgrupo: Cómo afecta a crise a alimentación?. Situación alimentaria. A alimentación ecolóxica fronte a comida basura. Alimentos máis consumidos na UE.
-3ºgrupo: Estudo da situación actual. Leis ao respecto.
3. Contacto cos centros Europe Direct
Intentamos contactar con todos os centros galegos de información (Europe Direct e algúns centros de información europea das universidades). Aquí un link de información proporcionado pola oficina de Europe Direct A Coruña: http://europa.eu/index_es.htm
4. Entrevistas:
Co fin de recabar máis información sobre a vida saudable, a obesidade, o sedentarismo e os hábitos de deporte procedemos a entrevistar a persoas de diferentes ámbitos:
- Instituto: Profesora de Bioloxía
- Clínicas: Nutricionista
- Concello: Departamento de Deportes
- Ximnasio
- Supermercado
5. Creación dun blogue con toda a información do traballo:
no deseño do blogue utilizaránse programas de edición fotográfica como o Gimp e o InkScape, xa traballados na clase de TIC. No blogue da clase de Tic podese atopar máis información sobre estes programas: Blog de clase TIC
6. Plan de difusión da iniciativa:
Todo o traballo que realizaremos e que se recopilará nese blogue, tamén se dará a coñecer a través da páxina Web do centro, enlazarase a outros blogues do centro. A continuación, darase a coñecer a través das redes socias e procederase a enviar diferentes notas de prensa aos principais medios de comunicación da zona.
7. Proxecto Final :
Nesta fase estamos desenvolvendo distintas ideas ou iniciativas para fomentar a conciencia da importancia de diferentes hábitos para disminuir a obesidade. Aínda non concretamos estas inciativas pero irán encamiñadas a:
Nesta fase estamos desenvolvendo distintas ideas ou iniciativas para fomentar a conciencia da importancia de diferentes hábitos para disminuir a obesidade. Aínda non concretamos estas inciativas pero irán encamiñadas a:
- Incrementar as campañas que animan á consumición de alimentos saudables, destacando o perxudicial que son los alimentos con calorías elevadas.
- Importancia de practicar deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario