Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico". Toda a información, as entrevistas que se realizaron a diferentes expertos na materia e o proxecto final, así como un vídeo de todas as actividades deportivas que se levaron a cabo para esta iniciativa, atópanse no seguinte blogue: VidaSaudableBoiro.blogspot.com.
Nesta ocasión o lema do concurso foi facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso) o alumnado apostou pola mellora da política sanitaria e educativa e levou a cabo esta iniciativa para concienciar a cidadanía desta problemática e loitar contra a obesidade. Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran, traballase para favorecermos hábitos saudables dende a escola.
Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto puxo en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participaron os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador- o Departamento de Bioloxía e mais o Departamento de Educación Física. Despois de realizarmos diferentes actividades no paseo marítimo de Praia Barraña, rematouse a xornada con varios partidos de bádminton.
No hay comentarios:
Publicar un comentario