Deixámovos aquí unha presentación sobre diferentes deportes:
Mostrando entradas con la etiqueta Presentacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentacións. Mostrar todas las entradas
viernes, 28 de marzo de 2014
Información: Come sano e móvete
Nos seguintes enlaces atopase moita infomación de gran utilidade para o noso traballo. En concreto este enlace nos leva a Come sano e móvete
Outros enlaces de interese son os seguintes:
sábado, 22 de marzo de 2014
Plan Xermola: Xunta de Galicia
Sanidade activará protocolos para actuar contra a obesidade infantil: A Xunta aproba o Plan Xermola para previr o sobrepeso
O 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e
un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de
primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que
non é alleo tampouco á poboación adulta. Previr e evitar as
consecuencias do exceso de peso é o obxectivo do Plan Xermola orientado a
previr a obesidade infantil e xuvenil, que aproba o Consello da
Xunta. «Empézanos a preocupar este problema», asegurou Alberto Núñez
Feijoo nun acto en Santiago no que se presentou un libro guía e unha web
dos Bolechas, dirixidos a fomentar hábitos saudables e exercicio físico entre os máis pequenos. Enlace á noticia aquí.
Benvido a Galicia Saudable
Galicia Saudable é un plan promovido polo goberno galego que quere axudarche a gozar dos beneficios dunha vida máis activa e saudable. Aquí
atoparás información práctica sobre lugares, actividades e servizos
para facer exercicio na túa contorna máis próxima. Tamén poderás
realizar todas as consultas que consideres oportunas para mellorar a túa
saúde a través do exercicio e o deporte. ¡Anímate e ponte en marcha!
Forma parte dunha Galicia máis saudable.
Neste enlace atópase toda a información: Galicia Saudable
viernes, 21 de marzo de 2014
Clase de Bioloxía
A nosa profesora de Bioloxía e de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Ana Urbieta, colabora con nós e danos varias clases onde profundizamos no problema da obesidade no mundo, nas causas xenéticas que a provocan e cómo o noso estilo de vida influe directamente nesta enfermidade.
Chama a nosa atención esta imaxe que nos amosa durante a clase e na que aparece o porcentaxe de obesidade que hai en diferentes países do mundo sendo USA aquel con maior índice de obesos cun 31%:
jueves, 20 de marzo de 2014
Obesidade en Europa: Comparativa entre os diferentes países da Unión Europea
Unha vez examinadas as anteriores presentacións e recibidas todas as informacións relativas ao problema da obesidade facemos unha nova búsqueda de datos para facer unha comparativa entre os diferentes países da Unión Europea. Preguntamonos.....é igual o índice de obesidade nun país que noutro??? onde se sitúa España??? qué di a OMS ao respecto???
miércoles, 19 de marzo de 2014
Busqueda de información e Presentacións
Faise unha busqueda de información e realizanse tres presentacións:
1) Cómo afecta o sedentarismo á obesidade?
2) Situación alimentaria en Europa. Cómo afecta a crise a alimentación?. A alimentación ecolóxica fronte a comida basura.
3) A obesidade. Estudo da situación actual. Plan Xermola.
Durante a busqueda de esta información atopanse datos que chaman a atención os cales nos dan algunha idea das nosas iniciativas que imos levar a cabo para mellorar a actual situación. Por exemplo, resulta moi alarmante algúns datos que se atopa e inmediatamente captan a nosa atención "Catro de cada 10 menores declárase sedentario nas súas prácticas de ocio, a consecuencia do uso de videoxogos, a televisión e as redes sociais"..... "segundo os datos da OMS, a obesidade infantil é unha das ameazas á saúde pública máis graves do século XXI".................. que se poderá facer para evitar isto?????? Empezamos a pensar.......
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
