domingo, 6 de abril de 2014

Vídeo final "Vida Saudable Boiro"

Despois destos case 2 meses de duro esforzo preparando a nosa participación para o concurso, por fin chegamos á parte final, o vídeo, onde expoñemos o tema da obesidade, tema de repercusión en toda Europa, non só en España ou Boiro, e onde facemos o Día da Vida Saudable. Practicamos e xuntamos a xente para diversos deportes. Espero que vos guste, ahí volo deixamos.





Un pracer facer todo isto ;)

viernes, 4 de abril de 2014

Informe final: "Vida Saudable Boiro; Alimentación equilibrada e exercicio físico”

Dende o IES "Praia Barraña" de Boiro, comezamos un proxecto moi interesante que tiña como lema facer unha proposta para a mellora da política europea sobre saúde. Tratase dunha iniciativa na que se traballou para mellorar a política sanitaria e educativa no tema da obesidade. Dita iniciativa levámola a cabo na clase de TIC’s (Tecnoloxía da Información e a Comunicación) pero tamén contamos coa axuda dos Departamentos de Bioloxía e Educación Física.

Escollemos como tema a vida saudable; a alimentación equilibrada e o deporte, xa que é un tema que afecta a un gran número de persoas. Por una banda, o 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que non é alleo tampouco á poboación adulta, por iso recalcamos a importancia de previr e evitar as consecuencias do exceso de peso.

En primeiro lugar, comezamos por informarnos ben, para o que cada un de nós se metese máis a fondo nos temas que mais directamente estaban influenciados. Repartimos o traballo e realizamos varias presentacións en relación aos temas máis importantes. Para a realización deste proxecto, botamos man de moitas fontes de información, recabando esta tanto a nivel local, autonómico coma europeo.

Seguidamente organizamos unha serie de entrevistas con expertos na materia, como, por exemplo cun nutricionista especializado nos hábitos alimenticios. Recorremos tamén ao concello para entrevistar o concelleiro de deportes e a un ximnasio, para informarnos sobre a actividade física. Logo entrevistamos a outros alumnos do IES "Praia Barraña" para que nos desen información sobre os seus hábitos alimenticios e deportivos. Entrevistamos a nosa profesora de bioloxía, Ana Urbieta e nos respondeu a unha serie de cuestións que preparamos especialmente para unha experta en bioloxía e xenética. Finalmente investigamos un pouco acerca dos alimentos máis saudables e prexudiciais que se venden nun supermercado. Destas entrevistas e investigacións, sacamos en limpo a importancia de levar unha vida saudable tanto dende o punto de vista da nutrición coma do deporte.

A continuación preparamos un par de vídeos, no primeiro, centramonos máis en definir o que era a obesidade e, en como a sociedade tamén é moi cruel con aqueles rapaces que a padecen. No segundo vídeo, analizouse como a alimentación equilibrada e o exercicio físico son dous pilares fundamentais que inflúen directamente sobre o problema do sobrepeso.

Finalmente, e como colofón a todo o traballo, organizamos diferentes actividades baixo o lema "Día da Vida Saudable" para concienciar á poboación dos graves problemas que o sobrepeso pode acarrear. Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran, traballouse para favorecer hábitos saúdables dende a escola.

Para poñer en práctica a temática deportiva ocorréusenos a idea de facer un día dedicado ao deporte, o cal se pode ver no vídeo final. Neste día realizamos unha serie exercicios ao aire libre e rematouse con varios partidos de bádminton. Non houbo nada mellor que finalizar a xornada de exercicio físico recuperando enerxías cunha peza de froita que se nos dou aos alumnos para incitarnos a levar unha vida saudable.

Toda a iniciativa difundiuse a través da páxina Web do centro, do centro Europe Direct, da prensa, da radio e das redes socias.

Neste proxecto integramos moitos dos coñecementos, que estamos estudando na asignatura TIC's, con Bioloxía e Educación Física. A realización do proxecto final levounos a usar os programas de edición fotográficos, o Gimp e Inkscape, programas de edición de vídeo para a edición do video final (Corel Vídeostudio pro x7), programas de edición de audio (Audacity) para a grabación e edición da voz e por suposto todo o que conleva a creación dun blogue e o uso das redes sociais.


Desta experiencia aprendemos a importancia de levar unha dieta equilibrada, saudable combinada con exercicio físico para non ter problemas de saúde nun futuro. Todos nós, animamos a toda a xente a cambiar os malos hábitos e a mellorar os estilos de vida sedentarios.


¡Por un futuro mellor e unha vida saudable!

Difusión da noticia: Europe Direct

No seguinte enlace atópase a difusión da nosa iniciativa no centro Europe Direct A Coruña.

jueves, 3 de abril de 2014

Prensa

Hoxe, 3 de abril, diferentes xornais publican o noso traballo:

O noticieiro Galego

(La Voz de Galicia, 3 de abril 2014)

Alimentación equilibrada e exercicio físico

Algunhas de nos, fixemos un vídeo coa temática da vida saudable e o exercicio físico.  Neste vídeo mostramos como debe ser unha boa dieta e como debemos combinala co deporte intentando evitar a toda costa unha vida sedentaria seguida dunha mala nutrición.

miércoles, 2 de abril de 2014

Nota de prensa: Día da Vida Saudable IES “Praia Barraña” de Boiro

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Baraña" de Boiro que cursa a materia TIC's, participou de novo na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo) e saíu á rúa para celebrar o Día da Vida Saudable.
Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico". Toda a información, as entrevistas que se realizaron a diferentes expertos na materia e o proxecto final, así como un vídeo de todas as actividades deportivas que se levaron a cabo para esta iniciativa, atópanse no seguinte blogue:        VidaSaudableBoiro.blogspot.com.

 Nesta ocasión o lema do concurso foi facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso) o alumnado apostou pola mellora da política sanitaria e educativa e levou a cabo esta iniciativa para concienciar a cidadanía desta problemática e loitar contra a obesidade. Conscientes de que a educación é fundamental nos hábitos alimenticios e deportivos, que dende ben novo se adquiran, traballase para favorecermos hábitos saudables dende a escola. 

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto puxo en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participaron os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador- o Departamento de Bioloxía e mais o Departamento de Educación Física. Despois de realizarmos diferentes actividades no paseo marítimo de Praia Barraña, rematouse a xornada con varios partidos de bádminton.

martes, 1 de abril de 2014

Entrevista: Supermercado


Entrevista: Ximnasio Ozono

 Falamos cun monitor do Ximnasio Ozono para que nos resolvese as seguintes cuestións:
  • Cres que o deporte pode axudar a mellorar o rendemento en clase?
Estou totalmente convencido diso. Grazas ao deporte teño mais forza mental e disciplina que logo aplico tamén a todos os ámbitos da miña vida diaria.
  • Que lles recomendas a aos chavales para manterse en forma agora que están a estudar?
Organizándose hai tempo para o estudo, para o deporte... O ideal é marcarse unhas pautas e horarios diarios, iso é o que facía eu e sempre tiven tempo para todo. En canto ao deporte, sobre todo recoméndolles constancia, centrarse nunha actividade que lles guste e intentar realizala regularmente.
  • Que actividades ofrece o ximnasio?
Todos os usuarios do ximnasio teñen a miña total atención e asesoramento para calquera dúbida ou axuda que poidan necesitar á hora de realizar os seus exercicios. Por outra parte, temos varias actividades dirixidas: pilates,GAP, Tae Kwon Do, Body Building, Spinning, Kick Boxing,…
  • Gústache traballar con mozos? Por que?
Por suposto que me gusta, porque me me recordan nos meus inicios. Teñen as mesmas dúbidas e intereses polo deporte que tiña eu cando empecei, por iso gústame traballar con ell@s asesorándoos axeitadamente e axudándolles a mellorar. 

  • Cal é a túa opinión actual sobre a obesidade?
Por desgracia, cada vez a xente estase a volver moito máis sedentaria.
En vez de ir a andar durante media hora, prefiren sentarse ou tombarse
cun ordenador, cun móbil ou con calquera outra cousa.

A tecnoloxía e a comida basura é un dos principais motivos de que isto
estea ocurrindo. A xente debido á obesidade, poden contraer
enfermidades cardiovasculares moi graves.

  O resto das preguntas están recollidas na seguinte presentación: 


lunes, 31 de marzo de 2014

Entrevista: Concelleiro de Deportes de Boiro

E como non podía ser doutra maneira dirixímonos o concello de Boiro para recabar os datos referentes o deporte e os hábitos deportivos no noso concello, Boiro. Realizamos unha entrevista a Nolo Romero, concelleiro de deportes de Boiro. Preguntarémoslle sobre a situación Boirense respecto a:
  • Cal é a situación do deporte en boiro?
  • Cánto de grande é o abanico de deportes que se pode practicar en Boiro?
  • Cómo apoya o concello os diferentes deportes de Boiro?
  • Cal é a situación actual en Boiro respecto a deporte?
  • Respecto a Europa, cree que en Boiro se practica máis deporte ou menos que en outros países da Unión Europea?
  • Que medidas podería tomar o concello ante un notable aumento da obesidade sobre todo nos máis pequenos?

A obesidade recreada polos nosos compañeiros

Varios de nos realizamos un pequeno vídeo explicativo e humorístico sobre os conceptos básicos e os problemas da obesidade. Invítasevos a que lle dedes unha ollada, e vexades como un neno obeso,  Xocas, pode sufrir ademáis desta enfermidade o rexeitamento doutros rapaces e da sociedade en si.........que crueis que somos nos mesmos!!!!!

Entrevista: Nutricionista Iron Sport Boiro

Realizamos unha entrevista en IRON NUTRI SPORT BOIRO e nos responden as seguintas preguntas:
  • Cal é a situación actual no noso concello? 
  • Entre que idades e sexo e máis frecuente o problema do sobrepeso? 
  • Cree vostede que aumentou o número de persoas con sobrepeso nos últimos anos? 
  •  Como se pode mellorar a nutrición dunha persoa? 
  • Que nos pode contar sobre os suplementos nutricionais? 
  • Ata que punto pode ser perxudicial a vida sedentaria dunha persoa? 
  • En moitos países da U.E está prohibido a venta e o consumo das graxas trans, en España, sin embargo non existe esta norma. Cales poden ser os problemas que poden ocasionar o consumo destas sustancias? 
  •  Persoalmente, que recomendaría vostede para axudar a solucionar o problema da obesidade? 
  • Como cree que se sitúa Boiro en comparación coa UE en canto a saúde?

sábado, 29 de marzo de 2014

Ultimando detalles para o proxecto final....

O equipo Tic Boiro....non descansa nen durante a fin de semana......e última os preparativos para a iniciativa do próximo martes, 1 de abril. Está ultimando o guión das dúas horas de deporte na rúa e acaba de finalizar a elaboración dunha gran pancarta e de diferentes carteis.......continuará.....

jueves, 27 de marzo de 2014

Difusión da noticia: Facebook e Radio

Damos conta da nosa noticia tamén no facebook e na radio. Aquí os enlaces o facebook de radio boiro, onde hoxe, 27 de marzo, se difunde a nosa iniciativa.
Enlace a entrevista en Radio Boiro:
 

Prensa

A nosa iniciativa sae hoxe, 27 de marzo,  publicada na prensa. Aquí os enlaces os diferentes xornais:

O Noticieiro Galego

La Voz de Galicia

Diario de Arousa  




(El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Diario de Arousa, 27 de marzo 2014)                                          

Difusión da iniciativa nas Redes Sociais: Twitter

Como non podía ser doutra forma VidaSaudableBoiro xa ten o seu Twitter: https://twitter.com/VidaSaudeBoiro?refsrc=email

miércoles, 26 de marzo de 2014

Nota de prensa

Concurso Euroscola 2014: IES “Praia Barraña” de Boiro

Logo do éxito obtido no pasado certame Euroscola 2013 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Baraña" de Boiro que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo). 

Nesta ocasión o lema do concurso é facer unha proposta para  a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso)  o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá concenciar a cidadanía desta problemática. Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico"

Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán a diferentes expertos na materia e o proxecto final que se levará a cabo para esta iniciativa atópase no seguinte blogue: Vida Saudable Boiro.

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participarán os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador-  o Departamento de Bioloxía e máis o Departamento de Educación Física.

Como iniciativa e parte final deste proxecto o próximo 1 de abril entre as 10:30 e as 12:30 h terán lugar unhas series de actividades deportivas no Paseo Marítimo de Barraña para concienciar da gran problemática que o sedentarismo, as novas tecnoloxías e a chamada “comida basura” están xa causando na nosa sociedade. Todos aqueles que nos queirades acompañar a dita actividade seredes benvidos. 

Alumnos durante a preparación da iniciativa “Vida Saudable Boiro”
 

Carteis informativos: Vida Saudable Boiro

Para dar a máxima difusión a nosa iniciativa e contar ca máxima colaboración posible colocamos estes carteis informativos polo noso instituto e polo noso concello. Queremos que todos aqueles que poidan se unan a nos o próximo 1 de abril para levar a cabo as actividades do Día da Vida Saúdable


Entrevista: Ana Urbieta, profesora de Bioloxía

Realizamos unha entrevista a nosa profesora de Bioloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Ana Urbieta. Ela, moi amablemente nos adica parte do seu tempo e nos responde as seguintes preguntas:
  • Cales pensa que son as principais causas da obesidade?
  • Tamén se atribúe a obesidade as causas xenéticas, ata que punto cree que inflúe a xenética na obesidade? Sabe se se fixo algún novo descubrimento ao respecto?
  • Qué opinas sobre o aumento da obesidade nos últimos anos?
  • Qué pode propoñer vostede para reducir o número de persoas obesas?
  • Qué medidas son necesarias adoptar para combater a pandemia de obesidade que se estende polo mundo?
  • Cómo cree que afecta a obesidade ao resto de Europa?




martes, 25 de marzo de 2014

A nosa iniciativa: guías para o proxecto final

Comezamos a ordenar as nosas ideas para a iniciativa "Vida Saudable Boiro":

1) Elaboración de carteis, posters e pancarta

De novo dividimonos en grupos e poñemonos a traballar con cartulinas, lápices, rotuladores.....queremos facer carteis e posters para amosar o día da iniciativa, o próximo 1 de abril,  cómo o  problema da alimentación e a falta de exercicio influe na nosa saúde.
Pensamos en frases para incluir neses carteis.  E pensamos tamén en elaboran unha pancarta co noso lema da iniciativa....debemos tamén buscar unha bandeira da Unión Europea.

2) Pensamos nun guión:
  • Qué imos a facer nesas dúas hora??
  • Cómo o imos a facer?
  • Como reunir máis xente? : Carteis informativos, Páxina Web do centro, Páxina Web do Concello, redes sociais (creamos unha conta en twitter) e nota de prensa.
  • Qué deportes imos a practicar e por qué orde?
  • Qué material precisamos para ese día? Cámaras de fotos, vídeo, material deportivo......
3) Cal vai ser o fio conductor de todo isto?

4) A onde queremos chegar?



Entrevistas: Alumnado do Instituto

Comezamos facendo unha serie de entrevistas a diversos alumnos do instituto para saber cales son os seus hábitos alimenticios e de deporte.
Facemos varias preguntas como poden ser:
- Preocupaste pola tua dieta?
- Cantas veces a semana practicas algún deporte?
- Daslle importancia a alimentación?

lunes, 24 de marzo de 2014

Difusión da iniciativa: Páxina Web do centro

Comenzamos a difundir a nosa iniciativa na páxina Web do centro. O primeiro que facemos é enlazar na Web do centro o noso blogue. A continuación publicaremos alí os carteis informativos que imos a colocar por todo o concello para dar a coñecer o lugar e hora no que se vai a levar a cabo a nosa iniciativa que levara por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico"

Web do Centro

Entrevistas

Co fin de recabar máis información sobre a vida saudable, a obesidade, o sedentarismo e os hábitos de deporte procedemos a entrevistar a persoas de diferentes ámbitos dentro do noso concello:
  • Instituto: Profesora de Bioloxía e varios alumnos do IES Praia Barraña
  • Clínicas: Nutricionista
  • Concello: Departamento de Deportes
  • Ximnasio
  • Supermercado
Pretendemos así facer un estudo da influencia das distintas condicións sobre a vida saudable e estudar tamén como diferentes condicións son similares ou diferentes entre o noso entorno, o noso concello e outras autonomías ou outros países da Unión Europea. Cas diferentes entrevistas tratamos tamén de ver que puntos de vista se poden obter desde os diferentes ámbitos nos que traballan os diferentes entrevistados.

sábado, 22 de marzo de 2014

Plan Xermola: Xunta de Galicia

Sanidade activará protocolos para actuar contra a obesidade infantil: A Xunta aproba  o Plan Xermola para previr o sobrepeso

O 26 % dos pequenos de seis a doce anos presentan sobrepeso en Galicia e un 9 % xa chegan ao límite da obesidade, é dicir, o 35 % dos menores de primaria están afectados en maior ou menos grao por este problema, que non é alleo tampouco á poboación adulta. Previr e evitar as consecuencias do exceso de peso é o obxectivo do Plan Xermola orientado a previr a obesidade infantil e xuvenil, que aproba o Consello da Xunta. «Empézanos a preocupar este problema», asegurou Alberto Núñez Feijoo nun acto en Santiago no que se presentou un libro guía e unha web dos Bolechas, dirixidos a fomentar hábitos saudables e exercicio físico entre os máis pequenos.  Enlace á noticia aquí.

Benvido a Galicia Saudable

Galicia Saudable é un plan promovido polo goberno galego que quere axudarche a gozar dos beneficios dunha vida máis activa e saudable. Aquí atoparás información práctica sobre lugares, actividades e servizos para facer exercicio na túa contorna máis próxima. Tamén poderás realizar todas as consultas que consideres oportunas para mellorar a túa saúde a través do exercicio e o deporte. ¡Anímate e ponte en marcha! Forma parte dunha Galicia máis saudable.

Neste enlace atópase toda a información: Galicia Saudable

viernes, 21 de marzo de 2014

Clase de Bioloxía

A nosa profesora de Bioloxía e de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Ana Urbieta, colabora con nós e danos varias clases onde profundizamos no problema da obesidade no mundo, nas causas xenéticas que a provocan e cómo o noso estilo de vida influe directamente nesta enfermidade.
Chama a nosa atención esta imaxe que nos amosa durante a clase e na que aparece o porcentaxe de obesidade que hai en diferentes países do mundo sendo USA aquel con maior índice de obesos cun 31%:

 
Falicitanos a presentación que ela elaborou para as clases que nos impartiu:


 

jueves, 20 de marzo de 2014

Obesidade en Europa: Comparativa entre os diferentes países da Unión Europea

Unha vez examinadas as anteriores presentacións e recibidas todas as informacións relativas ao problema da obesidade facemos unha nova búsqueda de datos para facer unha comparativa entre os diferentes países da Unión Europea. Preguntamonos.....é igual o índice de obesidade nun país que noutro??? onde se sitúa España??? qué di a OMS ao respecto???

Europe Direct A Coruña

Escríbimos ao Centro Europe Direct de A Coruña e nos pasan toda esta información para o noso traballo.

En relación a su consulta sobre la vida saludable y la obesidad, paso a indicarte una serie de enlaces que pueden aportaros información sobre la acción de la Unión Europea en esta materia:

1. La Comisión Europea dispone de una Dirección General de Salud y Consumidores que puedes conocer en el siguiente enlace:
http://ec.europa.eu/health/index_es.htm
 
2. Como podrás observar, esta Dirección General dedica en la sección "Promover la salud" un apartado específico para tratar la Nutrición y la actividad física que puedes consultar en la siguiente dirección web:
En la página indicada podrás conocer:
- la Estrategia de la Comisión acerca de la alimentación, obesidad y riesgos para la salud,
- La Coordinación entre los Estados miembros y la Plataforma de Acción de la UE destinada a los agentes europeos que actúan contra la obesidad y el sobrepeso,
- Cómo financia la Unión Europea las iniciativas que intentan favorecer una buena alimentación y la actividad física, concretamente, a través del Programa Salud
- Información sobre los indicadores de salud relativos a la alimentación

En esta página también podrás conseguir otros recursos como vídeos, publicaciones, etc. sobre esta materia.

3. La Unión Europea dispone de otros recursos que pueden ser de tu interés, como, por ejemplo, publicaciones disponibles en la EUBookshop. La EU Bookshop es la librería de las instituciones europeas y en ella se recoge publicaciones de todas las temáticas, entre ellas, la obesidad, nutrición, etc.
He efectuado una búsqueda en la EU Bookshop sobre las publicaciones disponibles en relación a vuestros temas de interés y a continuación figura el enlace:
http://bookshop.europa.eu/en/search/?webform-id=WFSimpleSearch&DefaultButton=findSimple&WFSimpleSearch_NameOrID=obesity&SearchConditions=&SearchType=1&SortingAttribute=LatestYear-desc&findSimple.x=0&findSimple.y=0&findSimple=GO

Recuerda que puedes visitar cada publicación y comprobar las lenguas en las que está disponible así como sus formatos (pdf, ebook, etc...)

4. Finalmente, me gustaría comentarte otros recursos tales como:
- Newsletter: Salud Pública. Dispone ejemplos de proyectos europeos realizados en este ámbito

Espero que esta información sea de vuestro interés, no obstante, estamos a vuestra disposición para cualquier duda o consulta. 

miércoles, 19 de marzo de 2014

Busqueda de información e Presentacións

Faise unha busqueda de información e realizanse tres presentacións:

1) Cómo afecta o sedentarismo á obesidade?
2) Situación alimentaria en Europa. Cómo afecta a crise a alimentación?. A alimentación ecolóxica fronte a comida basura.
3) A obesidade. Estudo da situación actual. Plan Xermola.


Durante a busqueda de esta información atopanse datos que chaman a atención os cales nos dan algunha idea das nosas iniciativas que imos levar a cabo para mellorar a actual situación. Por exemplo, resulta moi alarmante algúns datos que se atopa e inmediatamente captan a nosa atención "Catro de cada 10 menores declárase sedentario nas súas prácticas de ocio, a consecuencia do uso de videoxogos, a televisión e as redes sociais"..... "segundo os datos da OMS, a obesidade infantil é unha das ameazas á saúde pública máis graves do século XXI".................. que se poderá facer para evitar isto?????? Empezamos a pensar.......


Planning inicial: Vida Saudable; alimentación equilibrada e exercicio físico.

Xa comezou o concurso Euroscola 2014 e os alumnos que cursan a materia optativa TIC's de 1º Bacharelato A/B do IES Praia Barraña que formamos o equipo TIC BOIRO  estamos cheos de ideas para levar a cabo unha iniciativa para a mellora de algunha das políticas da Unión Europea

 Aquí temos un planning inicial: VIDA SAÚDABLE NO NOSO CONCELLO E COMPARATIVA CON OUTROS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA

1. Situación de partida:
Despois dunha choiva de ideas e dun debate con diferentes temas e propostas eliximos como tema para o concurso o problema da actual obesidade. Decantámonos por este tema por fixarnos no preocupante índice de obesidade que existe na Unión Europea. A nosa iniciativa levará por título Vida Saudable: Alimentación equilibrada e exercicio físico. 

2. Búsqueda de información e elaboración de diferentes presentacións por grupos:
-1ºgrupo: Cómo afecta o sedentarismo a obesidade?: Deporte.
-2ºgrupo: Cómo afecta a crise a alimentación?. Situación alimentaria. A alimentación ecolóxica fronte a comida basura. Alimentos máis consumidos na UE.
-3ºgrupo: Estudo da situación actual. Leis ao respecto.

3. Contacto cos centros Europe Direct
Intentamos contactar con todos os centros galegos de información (Europe Direct e algúns centros de información europea das universidades). Aquí un link de información proporcionado pola oficina de Europe Direct A Coruña: http://europa.eu/index_es.htm

4. Entrevistas:
Co fin de recabar máis información sobre a vida saudable, a obesidade, o sedentarismo e os hábitos de deporte procedemos a entrevistar a persoas de diferentes ámbitos:
  • Instituto: Profesora de Bioloxía
  • Clínicas: Nutricionista
  • Concello: Departamento de Deportes
  • Ximnasio
  • Supermercado
Pretendemos así facer un estudo da influencia das distintas condicións sobre a vida saudable e estudar tamén como diferentes condicións son similares ou diferentes entre o noso entorno, o noso concello e outras autonomías ou outros países da Unión Europea.

5. Creación dun blogue con toda a información do traballo:
no deseño do blogue utilizaránse programas de edición fotográfica como o Gimp e o InkScape, xa traballados na clase de TIC. No blogue da clase de Tic podese atopar máis información sobre estes programas: Blog de clase TIC

6. Plan de difusión da iniciativa:
Todo o traballo que realizaremos e que se recopilará nese blogue, tamén se dará a coñecer a través da páxina Web do centro, enlazarase a outros blogues do centro. A continuación, darase a coñecer a través das redes socias e procederase a enviar diferentes notas de prensa aos principais medios de comunicación da zona.
7. Proxecto Final :
Nesta fase estamos desenvolvendo distintas ideas ou iniciativas para fomentar a conciencia da importancia de diferentes hábitos para disminuir a obesidade. Aínda non concretamos estas inciativas pero irán encamiñadas a:
  • Incrementar as campañas que animan á consumición de alimentos saudables, destacando o perxudicial que son los alimentos con calorías elevadas.
  • Importancia de practicar deporte.
Presentaremos un informe final con todo o traballo realizado.

Benvidos

Este é o blogue dos alumnos de TIC de 1º de Bachillerato A-B do  I.E.S. Praia Barraña.
Aquí iremos publicando todas as entrevistas, vídeos, comentarios,... En xeral, todos os traballos que se farán con  relación ao concurso Euroscola 2014.
Estamos poñendo en marcha esa iniciativa ou proposta que imos a levar a cabo para a mellora dalgunha das políticas da Unión Europea